Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución definitiva de axudas do fondo social 2023

Información xeral

23-10-2026 ata: 31-12-2026

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais publica o seguinte aviso:

Con data de 22 de outubro de 2026 publícase no Taboleiro electrónico da Universidade de Vigo a Resolución Reitoral do 22 de outubro 2026, pola que se resolve a convocatoria correspondente ás axudas de Fondo Social 2023.

Tal e como indica a base duodécima da convocatoria, as persoas participantes poderán consultar o resultado da súa solicitude na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (https://secretaria.uvigo.gal), 

O importe das axudas concedidas aboarase xunto coa nómina do mes de outubro.

O Fondo de acción social 2023 repártese entre 307 solicitantes. O importe total repartido en concepto de axudas do fondo social 2023 ascende a 178.977,04 €, repartidos entre as seguintes axudas:

Axuda 1. Atención a persoas con discapacidade física psíquica e/ou sensorial ou dependencia: 19.193,22€

  • A contía máxima grao discapacidade entre 33% e o 64% ou dependencia grao I: 500€
  • A contía máxima grao discapacidade entre 65% e o 74% ou dependencia grao II: 1.200€
  • A contía máxima grao discapacidade > 75% ou dependencia grao III: 1.500€

Axuda 2. Coidado de familiares

 * Coidado de fillas e fillos de 0 a 3 anos: 12.286,82€

  • A contía máxima por filla ou fillo de 0 a 3 anos: 700€

*Coidado de fillas e fillos de 3 a 6 anos: 11.470,72€

  •  A contía máxima por filla ou fillo de 3 a 6 anos: 400€

*Coidado de maiores de 70 anos: 3.875,00€

  • A contía máxima por maiores 70 anos: 500€

Axuda 3. Estudos do persoal, fillas, fillos e cónxuxe ou parella de feito: 45.604,06€

  • A contía máxima por beneficiario é de 250,00 €, sen superar o límite de 750 euros por unidade familiar.

Axuda 4. Tratamentos de saúde do persoal, cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas: 86.547,22€

  • A contía máxima por causante segundo a convocatoria é de 400,00 €, sen superar o límite de 1.200 euros por unidade familiar.

O importe máximo de axuda por unidade familiar é o seguinte, en función da renda per capita: 

  • Para rendas inferiores a 11.064,00 euros: 2.100€
  • Para rendas entre 11.064,00 euros e 16.596,00 euros: 1.575€
  • Para rendas entre 16.596,01 euros e 23.181,70 euros: 1.050€
  • Para rendas entre 23.181,71 euros e 25.815,98 euros:    575€