Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Informe sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo en acceso aberto (Semana do Acceso Aberto)
Biblioteca
20-10-2026 ata: 31-12-2026Entre o 19 e o 25 de outubro de 2026 celébrase a Semana Internacional do Acceso Aberto, que este ano se centra no tema "O prezo do coñecemento".
Nesta semana, a Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca publica un informe sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo en acceso aberto entre os anos 2016 e 2025, que continúa a serie de informes que comezara no ano 2020. Todos eles se poden consultar na biblioguía Informes bibliométricos, xunto aos informes anuais, informes temáticos e outros informes elaborados pola Biblioteca.
Os datos proceden da análise das publicacións da Universidade de Vigo indexadas en Web of Science (WoS); entre eles destacamos:
- WoS recolle 11122 publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto dos anos 2016 a 2025.
- Estas publicacións supoñen o 60,94% do total de publicacións da Universidade de Vigo deses anos indexadas en WoS.
- O impacto normalizado desas publicacións en acceso aberto sitúase en 1,27 (reciben un 27% máis de citas que a media das publicacións do mesmo tipo, ano e ámbito) por riba do 1,09, que é o impacto normalizado do total dos documentos da UVigo nese mesmo período.
- Os ámbitos científicos nos que a Universidade de Vigo presenta unha porcentaxe superior de publicación en acceso aberto son:
- Ciencias da terra, cun 72,31%
- Física, cun 70,53%
- Química, cun 68,21%
Consulta a biblioguía Informes bibliométricos para acceder ao informe completo.
Máis información:
Beatriz Tizón
Biblioteca da Universidade de Vigo
Área de Servizos Bibliométricos
Tel. 986 130 236
bibliometria@uvigo.gal