Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesións de Cambridge University Press para autoras/es (outubro e novembro)

Biblioteca

17-10-2026 ata: 12-11-2026

A partir do vindeiro 21 de outubro, Cambridge University Press ofrece catro sesións en liña dirixidas a investigadoras e investigadores interesadas en publicar nesta editorial. Son catro sesións en inglés con subtítulos e materiais de apoio traducidos ao español:

Mércores 21 de outubro ás 17 h. Your Path Toward Journal Publication / El camino para publicar artículos en revistas. Inscrición.

  • Visión xeral do acceso aberto
  • Beneficios de publicar en acceso aberto
  • Guía paso a paso do proceso de publicación
  • Recursos de apoio para autoras e autores e publicacións á súa disposición

Mércores 28 de outubro ás 17 h. Selecting the Right Journal for Submission / Selección de la revista adecuada para el envío del manuscrito. Inscrición.

  • Tipos de revistas académicas e por que é importante elixir a revista axeitada
  • Comprender a idoneidade dunha revista: como aliñar os manuscritos cos obxectivos, e alcance e a audiencia da publicación
  • Impacto da revista: alén de publicar ao escoller unha revista
  • Breve resumo do acceso aberto e do proceso de publicación

Mércores 4 de novembro ás 17 h. Reasons for Rejection & How to Avoid Them / Motivos de rechazo y cómo evitarlos. Inscrición.

  • Recomendacións para o envío do manuscrito
  • Consellos para unha redacción académica clara, concisa e ben estruturada
  • Como aliñar o escrito co alcance, a estrutura e os estándares de calidade da revista

Mércores 11 de novembro ás 17 h. Protecting Your Research: Recognising Misleading Publishing Practices / Proteja su investigación: cómo reconocer prácticas editoriales engañosas. Inscrición.

  • Como identificar e evitar revistas depredadoras
  • Comprender o panorama editorial actual, incluíndo o acceso aberto e as prácticas éticas fronte ás abusivas
  • Como avaliar a calidade e a credibilidade das revistas

Ao final de cada sesión haberá unha quenda de preguntas e respostas.

Toda a información sobre estas sesións atópase na páxina de formación da editorial CUP: https://www.cambridge.org/core/services/about/training

Para calquera consulta relacionada con estas sesións, poden dirixirse a AcademicTraining@cambridge.org

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo