Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Oceánicas na Universidade de Vigo: exposición do IEO... e moito máis!
Biblioteca
16-10-2026 ata: 01-11-2026A exposición Oceánicas: pioneiras da oceanografía está na Universidade de Vigo.
Oceánicas é unha exposición itinerante do Instituto Español de Oceanografía, que pon en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Mulleres como Jeanne Baret, a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, malia ter prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega que foi a primeira muller en embarcar nun buque inglés e descubriu 22 especies mariñas; ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic...
A exposición Oceánicas está no campus Lagoas, Marcosende:
- Na Biblioteca Central, desde o 5 ata o 15 de outubro.
- No edificio de Ciencias Experimentais, desde o 19 ata o 31 de outubro.
Desde a Biblioteca Universitaria acompañamos esta exposición con:
- unha mostra bibliográfica sobre as "oceánicas" e os seus ámbitos de investigación e unha colección no catálogo Perseo,
- un informe bibliométrico sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo do ámbito da oceanografía, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos,
- un boletín Impacto cos datos máis relevantes sobre as publicacións científicas das "oceánicas" da Universidade de Vigo.
Os decanatos de Ciencias do Mar, Bioloxía e Química organizan unha charla inaugural da exposición no edificio de Ciencias Experimentais:
- Un café con... Alberto González Garcés: "Ángeles Alvariño, primeira oceanógrafa galega de relevancia mundial". Mércores 21 de outubro ás 11h, no edificio de Ciencias Experimentais.
Achegádevos a coñecer as oceánicas pioneiras e as nosas oceánicas!!
Máis información:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende, Vigo
Teléfono 986 813843
@biblio_uvigo