Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión en liña: buscas sistemáticas con Cinahl e Medline (EBSCO)(24 de novembro)

Biblioteca

16-10-2026 ata: 25-11-2026

O martes 24 de novembro terá lugar a sesión formativa Búsquedas con el apoyo de revisiones sistemáticas en el área de la salud, organizada por Ebsco para a Universidade de Vigo.

Nesta sesión abordarán concertos básicos da busca de bibliografía médica para apoiar revisións sistemáticas, desde a formulación da pregunta de investigación ata a realización de buscas co modelo PICOT. Amosarannos como combinar palabras clave e termos temáticos nas bases de datos CINAHL e Medline a través da interface de EBSCOHost.

Búsquedas con el apoyo de revisiones sistemáticas en el área de la salud

Data: 24 de novembro
Hora: 13:00 h – 14:00 h

Obxectivos:

  • Describir os pasos clave para realizar procuras no marco das revisións sistemáticas.
  • Planificar unha estratexia de procura adecuada utilizando o marco PICOT.
  • Gardar e volver executar procuras.
  • Localizar e utilizar filtros de procura metodolóxicos.
  • Asistencia adicional para as bases de datos de investigación de EBSCOhost.

Para poder asistir á sesión cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional.
 
Inscrición
 
Para calquera dúbida, diríxase a: 
 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo