Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas complementarias da Deputación de Pontevedra Estudantado participantes en programas de mobilidade internacional

Bolsas e axudas

15-10-2026 ata: 31-10-2026

Con data 15/10/2026 publicouse a Resolución coas listaxes provisorias de estudantado beneficiario dunha axuda complementaria da Deputación de Pontevedra destinada ao estudantado dos campus de Pontevedra e Vigo que goza dunha bolsa de mobilidade internacional no curso 2026-27.

A resolución e as listaxes provisorias de beneficiarios e en listaxe de agarda pódense consultar no taboleiro da sede electrónica e no portal de bolsas

O día 22 de outubro finaliza o prazo de reclamacións. 

Saúdos,