Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas FPU 2026_Declaración de interese

Recursos Humanos de I+D

14-10-2026

Para poder presentar unha solicitude de axuda predoutoral para a formación de profesorado universitario, convocatoria 2026, pola Universidade de Vigo é necesario presentar a declaración de interese debidamente cuberta e asinada que se pode atopar no procedemento exclusivo SRHI_Axudas FPU 2026 ata as 23.59 do día 22 de outubro.

A Universidade de Vigo non fará unha preselección interna e presentará todas as solicitudes que cumplan os requisitos establecidos nas bases da convocatoria publicada mediante resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 25/09/2026.

É responsabilidade de cada solicitante encher o formulario de solicitude dispoñible na páxina web da Agencia Estatal de Investigación seguindo todas as indicacións das bases da convocatoria.