Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo, en colaboración co Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly), organiza a campaña de vacinación antigripal 2026 dirixida ao persoal traballador da Universidade de Vigo.
Se está vostede interesado/a en vacinarse deberá encher o formulario que atopará accedendo á súa Secretaría Virtual na aplicación de "Formularios e Enquisas > Privadas > Solicitude de vacinación 2026" O prazo para solicitar a vacina remata o xoves 22 de outubro de 2026.
Lembramos que esta vacinación vai dirixida aos grupos de poboación diana e co calendario que establece a "Instrución campaña vacinación antigripal 2026" do SERGAS. A incorporación dos grupos da poboación diana será secuencial:
A partir do 2 de novembro
- Persoas menores de 70 anos con patoloxías de risco.
- Embarazo e puerperio.
A partir do 9 de novembro
- Persoas de 60 anos ou mais.
A partir do 30 de novembro
- Conviventes de persoas de risco.
- Resto de poboación diana.
Os servizos de Vixilancia da Saúde de CUALTIS (Vitaly) unha vez recibidas as doses, contactarán coas persoas solicitantes para concertar as citas.
O número de vacinas solicitadas ao Sergas axústase estritamente ao censo de persoas solicitantes. Por este motivo, de non requirir a súa dose, prégase comunique a súa renuncia ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais a través do correo electrónico sprl.administracion@uvigo.gal
Nota: Vixilancia da Saúde non está autorizada para administrar a vacina contra a COVID-19.