Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
1º concurso profesorado permanente laboral (PPL2501). Praza reclamada
Convocatoria de prazas de PDI
09-10-2026 ata: 09-01-2027Con data de hoxe foi publicado no taboleiro acordo polo que, tras a decisión da CRCDVP de retrotraer actuacións, se publica nova proposta de provisión (Doc6bis) e se abre novo prazo de reclamacións.
Non obstante o anterior, as persoas que xa presentaran reclamación contra a proposta inicial (Doc6) non terán que presentar de novo reclamación, sen prexuízo do seu dereito, á vista da nova documentación:
- A presentar unha nova.
- A complementar a anterior co que consideren oportuno.
- A desistir da reclamación previamente presentada.