Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

EndNote Fusion (antes Refworks): sesións de formación en liña (outubro 2026)

Biblioteca

08-10-2026 ata: 21-10-2026

Onte, 6 de outubro de 2026, o xestor bibliográfico Refworks cambiou a EndNote Fusion. Todas as contas das persoas que utilizaban Refworks, os seus datos e fluxos de traballo continúan funcionando, en EndNote Fusion. Non é necesario facer ningún cambio nin ningunha adaptación. A ulr de acceso a Refworks redirixe a EndNote Fusion.

Clarivate ofrece varias sesións para dar a coñecer as novidades de EndNote Fusion a todas as persoas interesadas en utilizar este xestor bibliográfico:

  • Mércores, 14 de outubro de 17:00 a 18:00 h. Introduction to EndNote Fusion (sesión en inglés). Inscrición.
  • Martes, 20 de outubro, de 11:00 a 12:00 h. Introduction to EndNote Fusion (sesión en inglés). Inscrición.
  • Martes, 20 de outubro, de 15:00 a 16:00 h. Introducción a Endnote Fusion (sesión en español). Inscrición.

Estas sesións están dirixidas a todas as persoas que queren utilizar EndNote Fusion e inclúe a presentación das súas ferramentas fundamentais e as melloras con respecto a Refworks.

Toda a información sobre EndNote atópase nesta páxina: https://fusion-endnote.zendesk.com/hc/en-us

Desde a biblioteca estamos traballando nunha biblioguía que incorporaremos ás biblioguías de recursos da Biblioteca Universitaria.

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo