Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
3º concurso prof. asociado ciencias da saúde (Medicina) - Corrección de erros e apertura de novo prazo de solicitudes
Convocatoria de prazas de PDI
05-10-2026 ata: 05-01-2027Con data de hoxe publicouse corrección de erros da convocatoria do 3º concurso público para a contratación de profesorado asociado en ciencias da saúde. Medicina. Curso 2026-2027. En concreto modifícase o centro/servizo de orixe, para que se corresponda co aprobado pola Comisión Mixta co Sergas.
A modificación abre novo prazo de solicitudes de 10 días hábiles, polo tanto do 06 ao 20 de outubro de 2026.
Non obstante o anterior:
- Aquelas persoas que xa se tivesen inscrito, pagado e presentado a documentación consonte a convocatoria, non terán que realizar de novo os anteriores trámites, sen prexuízo de ter que engadir/substituír, se non figurase na documentación xa presentada, certificación da institución na que figure o centro/servizo de destino.
- Aquelas persoas que se tivesen inscrito e pagado con anterioridade ao inicio deste novo prazo de solicitudes e non cumprisen o requisito do centro/servizo de orixe, poderán solicitar a devolución das taxas.