Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Continuando coa formación mensual da base de datos Web of Science que organiza a Fecyt en colaboración con Clarivate, anunciamos as sesións formativas do mes de outubro. As sesións serán en español e para inscribirse é imprescindible utilizar o correo electrónico institucional.
Web of Science (Core Collection) é unha base de datos científica multidisciplinar que inclúe máis de 20 000 revistas académicas de todo o mundo, seleccionadas seguindo criterios de calidade para proporcionarlle á comunidade investigadora información fiable.
Martes 13 de outubro, de 12:30 a 13:30 h. Enlaces al texto completo en Web of Science. Nivel básico. Inscrición.
- Buscamos o texto completo para artigos en acceso aberto
- Buscamos o texto completo coa ferramenta EndNote Click
- Buscamos o texto completo por acceso institucional
Mércores 14 de outubro, de 12:30 a 13:30 h. Estrategias para encontrar más información. Nivel avanzado. Inscrición.
- Explorar suxestións de lectura
- Buscar máis información pola clasificación temática
- Descubrir polas conexións: a rede de citas e o informe de citas
- Facer unha análise dos resultados
- Buscar polo reconto de uso
Xoves 15 de outubro, de 12:30 a 13:30 h. Desde consultas simples hasta complejas. Nivel avanzado. Inscrición.
- Consellos para buscar documentos coñecidos
- Consellos para buscar sinónimos ou frases
- Como utilizar o operador de proximidade
- Crear, editar e compartir consultas complexas
Poden consultar toda a información sobre inscrición e certificados na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2026-jornadas-de-octubre-2026
As sesións serán gravadas. Os vídeos e a documentación estarán accesibles na páxina de formación da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/servicios/formacion/material. Nesta páxina pódense consultar tamén vídeos e documentación de sesións anteriores.
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo