Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Axudas Fundación Ramón Areces para teses de Doutoramento
Información ao PDI
01-10-2026 ata: 18-10-2026O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades solicita a participación do persoal docente e investigador nunha enquisa que ten por obxectivo coñecer mellor as condicións laborais, as traxectorias profesionais e os factores que inflúen no desenvolvemento da carreira investigadora e docente en España. Os resultados formarán parte do contido da publicación "Científicas en Cifras. Edición 2027", que se incluirá no Programa Editorial 2027 do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O cuestionario é anónimo e consta de 6 bloques, que se poden responder en 15-17 minutos. No caso de calquera dúbida, pódese escribir ao enderezo estudioseindicadores@fecyt.es
Ao final do cuestionario ofrécese a opción de apuntarse como voluntario/a para participar nos grupos de discusión complementarios que tamén se realizarán como parte do informe Científicas en Cifras 2027.
Para acceder ao cuestionario, deberá solicitar previamente o acceso a través da seguinte ligazón: [Link]. Despois de validar o enderezo de correo institucional, recibirá unha mensaxe dende estudioseindicadores@fecyt.es coa ligazón de acceso ao cuestionario.
Grazas pola vosa participación.
Un saúdo,