Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Desde a Biblioteca da Universidade de Vigo informamos á comunidade investigadora de que acadamos o límite de APC adxudicados por Springer á Universidade de Vigo coa fin de cubrir a publicación de artigos en acceso aberto baixo os acordos transformativos.
Neste momento non hai APC dispoñibles para publicar nesta editorial, polo que as persoas que queiran publicar nela en acceso aberto xa non poden escoller a Universidade de Vigo na plataforma de publicación.
Poden consultar toda a información sobre os acordos transformativos e a relación de editoriais na guía da biblioteca Acordos transformativos para publicar en acceso aberto.
Para calquera dúbida, por favor, contacte con: accesoabertoacordos@uvigo.gal
Biblioteca da Universidade de Vigo
Biblioteca Central
Campus Lagoas, Marcosende, Vigo
@biblio_uvigo