Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Scopus: II Ciclo de formación en liña (outubro de 2026)

Biblioteca

25-09-2026 ata: 09-10-2026

Entre o 5 e o 8 de outubro a FECYT, en colaboración con Elsevier, ten programadas tres sesións de formación do “II Ciclo de Formación Online de Scopus”. As xornadas son gratuítas, en español e a través da plataforma Zoom. Xa está aberta a inscrición para estas sesións, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

Scopus é unha das bases de datos bibliográficas máis recoñecidas a nivel internacional. Indexa diversos tipos de documentos de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Proporciona métricas de citación e uso dos documentos, polo é unha das fontes de información empregadas na avaliación da produción científica. 
 
Sesión 1: Scopus desde cero: todo lo que necesitas saber para empezar tus búsquedas.
Luns 5 de outubro.
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición
 
Sesión 2: Taller práctico de Scopus con ejercicios en grupo.
Mércores 7 de outubro
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición
 
Sesión 3: Preguntas y respuestas para resolver dudas y compartir experiencias de la base de datos de Scopus.
Xoves 8 de outubro
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición

Para obter o certificado de FECYT será requisito indispensable responder ao 100% das cuestións expostas pola persoa formadora durante a sesión en directo. Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/convocatoria-del-ii-ciclo-de-formacion-online-scopus-octubre-2026

As sesións serán gravadas e, posteriormente, estarán dispoñibles, xunto cos materiais formativos e os documentos complementarios, no apartado Material de formación de la página web de FECYT.

Para calquera dúbida, diríxase a:
 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo