Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Voluntariado: Información para participar evento formativo sobre voluntariado en Galicia
Información voluntariado
23-09-2026Difusión da mensaxe de programa de formación e voluntariado gratuito de "Jóvenes para Jóvenes: Educando en Derechos Humanos y Objetivos de Desarrollo Sostenible"
Está dirixido a novos estudantes universitarios ou de FP entre 18 e 30 anos. Este curso terá lugar, un ano máis pola boa acollida en edicións anteriores, en Santiago de Compostela , do 13 ao 16 de outubro.
Consta de dúas fases:
Fase de formación intensiva gratuíta por parte dun equipo experto, incluídos docentes da súa universidade, do 13 ao 16 de outubro de 16:00 a 20:00 na Universidade de Santiago de Compostela en:
a. Dereitos humanos
b. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
c. Xénero e igualdade
d. Sinhogarismo
e. Migración e refuxio
f. Saúde mental
g. Prevención de adiccións
h. Protección fronte ao ciberacoso
i. Dinámicas interactivas de sensibilización
Fase de voluntariado (a partir do 19 de outubro) no que impartirán por parellas catro talleres de sensibilización sobre os temas mencionados anteriormente en centros educativos de Santiago de Compostela.
Enlace de inscripción: https://forms.gle/jRYWhhaGy176fzp17
- Folleto Santiago Compostela [1767.54 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626