Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formacións IEEE: publicación en acceso aberto e uso avanzado de IEEE Xplore (1 e 6 de outubro)

Biblioteca

19-09-2026 ata: 07-10-2026

O Instituto of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e EBSCO ofrecen tres sesións formativas en liña dirixidas a persoal investigador, autores e autoras, estudantes, docentes e persoal bibliotecario, pensadas para tirar o máximo partido aos recursos e ferramentas de IEEE.

As sesións serán impartidas en inglés a través de Zoom.
 
1 de outubro – 13:00 h. Open Acces Publishing with IEEE. Información e inscrición.
Sesión orientada a coñecer as distintas opcións de publicación en acceso aberto de IEEE, os diferentes tipos de licenzas e como aproveitar os APC dispoñibles a través de acordos institucionais.
 
1 de outubro, de 15:00 a 16:30 h. IEEE Authorship and Open Access Symposium: Tips and Best Practices to Get Published from IEEE Editors. Información e inscrición.  
Sesión dirixida ao persoal investigador con consellos prácticos e boas prácticas para preparar e publicar traballos científicos. Falarannos de aspectos clave da publicación en acceso aberto con IEEE, con recomendacións para aumentar as posibilidades de éxito durante o proceso de publicación.
 
6 de outubro, ás 15:00 h. Maximizing Your Research with IEEE Xplore. Información e inscrición.
Sesión orientada a descubrir como utilizar IEEE Xplore de forma máis eficaz, desde a creación de estratexias de procura e o uso de filtros avanzados ata ferramentas que axudan a manterse ao día e localizar contido relevante e influente.

Para máis información sobre a publicación en acceso aberto con IEEE, consulta a biblioguía Acordos editoriais para publicar en acceso aberto.
 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo