Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Convocatoria 2027 de bolsas (20) de posdoutoramento Junior Leader -- Convocatoria Retaining 2027
Información ao PDI
18-09-2026A Fundación La Caixa publicou a convocatoria 2027 de bolsas (20) de posdoutoramento Junior Leader -- Convocatoria Retaining 2027. Os detalles das bases poden consultarse en: https://fundacionlacaixa.org/es/becas-posdoctorado-junior-leader-convocatoria-retaining.
Requisitos das persoas candidatas:
- Estar en posesión dun título de doutor entre dous e sete anos anteriores ao peche da convocatoria.
- Ter realizado estadías de investigación en centros ou universidades de fóra de España ou Portugal (para os que se incorporen en centros portugueses) durante o doutoramento ou posdoutoramento por un total de, como mínimo, 6 meses antes do peche da convocatoria.
- Ter residido ou ter realizado a súa actividade principal en España durante máis de 12 meses nos tres anos anteriores á fecha de peche da convocatoria para persoas interesadas en centros/universidades españolas ou ter residido ou ter realizado a súa actividade principal en Portugal durante máis de 12 meses nos tres anos anteriores á fecha de peche da convocatoria para persoas interesadas en centros/universidades portuguesas.
A Universidade de Vigo abre un proceso de preselección de candidaturas entre as persoas interesadas en solicitar estas axudas.
As declaracións de interese deben ser presentadas pola persoa que coordine o grupo de investigación no que se integraría quen obtivese a axuda. Deberán presentar unha instancia xenérica SXER na sede electrónica da Universidade de Vigo dirixida ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación expresando o seu interese en solicitar as axudas da Fundación La Caixa -- posdoutoramento Junior Leader -- Convocatoria Retaining 2027, acompañada da seguinte documentación:
4. Currículum Vitae (en calquera formato) da persoa candidata, onde deben constar as estadías realizadas.
5. Copia do título de doutoramento. Se foi obtido na Universidade de Vigo só é preciso indicalo para facer a comprobación de oficio.
6. Liñas xerais do proxecto a desenvolver e que se presentará para solicitar a axuda da Fundación La Caixa.
7. Declaración responsable da veracidade dos méritos do CV e de mobilidade.
Prazo: ata o 21 de setembro (incluido).
A Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador seleccionará as candidaturas que avalará a Universidade de Vigo en función da súa calidade e interese e poderá declarar deserta a selección.