Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PTXAS: Convocatoria de ampliación de listas de agarda - Auxiliar administrativa

Información xeral

08-09-2026 ata: 15-11-2026

Bo día:

Está publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica o acordo da Comisión de Valoración do proceso selectivo de ampliación da lista de agarda da escala Auxiliar Administrativa, subescala de Administración, subgrupo C2, polo que se convoca á realización do exercicio.

O exercicio terá lugar o sábado 17 de outubro de 2026, ás 09:00 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Universitario Lagoas - Marcosende en Vigo.