Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
RefWorks pasará a chamarse EndNote Fusion en outubro de 2026
Biblioteca
09-09-2026 ata: 31-10-2026En outubro de 2026 o xestor bibliográfico RefWorks pasará a denominarse EndNote Fusion. EndNote Fusion representa a visión a longo prazo de Clarivate dunha única plataforma na nube que integra as funcionalidades de EndNote e RefWorks.
RefWorks non desaparece, senón que cambia de nome a EndNote Fusion. As persoas usuarias continuarán accedendo coa mesma conta e traballando cos seus datos e procedementos actuais. O principal cambio será a actualización da identidade visual e do deseño da aplicación.
Que cambia?
- O nome do produto e as cores da interface: RefWorks pasará a chamarse EndNote Fusion e contará cun aspecto renovado.
- RefWorks Citation Manager (RCM) tamén pasará a denominarse EndNote Fusion.
Que se mantén igual?
- As contas de usuario existentes da institución e todos os datos asociados.
- Os fluxos de traballo habituais (recoller, organizar e citar referencias), incluída a integración con Microsoft Word e Google Docs.
As persoas usuarias teñen que facer algo?
Non. Clarivate comunicará o cambio directamente ás persoas usuarias mediante avisos integrados na aplicación.
Haberá cambios na autenticación, no acceso ou nas integracións?
A intención é manter os actuais sistemas de autenticación e os fluxos de traballo esenciais.
Cambiará RefWorks Citation Manager (RCM)?
Si. RCM pasará a denominarse EndNote Fusion. Non será necesario realizar ningunha acción por parte das persoas usuarias e seguirán funcionando con normalidade as ferramentas de citación en Word e Google Docs.
Que ocorre cos actuais usuarios e usuarias de EndNote?
EndNote continúa sendo unha peza fundamental na estratexia a longo prazo de Clarivate. EndNote Fusion representa a súa evolución cara a unha experiencia máis flexible e baseada na nube. Polo momento, non se require ningunha acción por parte das persoas usuarias de EndNote.
Cambiarán os URL, ligazóns ou marcadores?
Non se prevé que sexa necesario actualizar marcadores nin ligazóns gardadas. Os URL actuais redirixiranse automaticamente a EndNote Fusion.
Máis información
https://clarivate.com/academia-government/blog/introducing-endnote-fusion/
Para calquera consulta, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo