Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo de Formación en liña WoS (15 a 17 de setembro)

Biblioteca

09-09-2026 ata: 18-09-2026

Entre o 15 e o 17 de setembro terán lugar tres sesións do II Ciclo de Formación en liña 2026 da base de datos Web of Science, organizadas por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración, e impartidas en castelán, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

Web of Science é unha base de datos multidisciplinar de referencias bibliográficas e citas procedentes de revistas académicas de todo o mundo. Estas revistas foron seleccionadas por Clarivate seguindo criterios de calidade moi estritos co fin de proporcionar información fiable á comunidade investigadora. A Universidade de Vigo ten acceso a esta base de datos por mor da subscrición que xestiona a Biblioteca Universitaria.

Para rexistrarse nestas sesións, é imprescindible empregar a conta de correo institucional.
 
Martes, 15 de setembro, de 13:30-14:30h. Primeiros pasos con Web of Science (nivel básico)

  • Acceder a Web of Science coa miña subscrición institucional
  • Busca intelixente ou busca avanzada?
  • Atopar as ligazóns aos textos completos

Inscrición

Mércores, 16 de setembro, de 13:30-14:30h. Buscar en Web of Science e gardar as miñas consultas (nivel básico)

  • Traballar cunha conta persoal para gardar o meu traballo
  • Buscar un tema con operadores booleanos
  • Utilizar o meu historial para gardar buscas e crear alertas
  • Gardar a miña bibliografía en listas marcadas

Inscrición

Xoves, 17 de setembro, de 13:30-14:30h. Identificar os documentos máis importantes con Web of Science (nivel básico)

  • Identificar os artigos retractados
  • Usar filtros para identificar os resultados máis relevantes
  • Identificar os documentos máis citados en función do contexto
  • Exportar unha lista de publicacións

Inscrición

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2026-jornadas-de-septiembre
 
Para calquera dúbida, diríxase a: 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo