Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
RR Nº PREMIOS, POSIBLES CANDIDATOS, ÁMBITO E CAMPO CNEAI PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO
Concursos e Premios
03-09-2026 ata: 11-09-2026Bo día,
A EIDO publica no taboleiro electrónico e páxina web da Uvigo a Resolución Reitoral co número de premios coa súa distribución por ámbitos e a listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2025-2026 con indicación do campo cneai asignado.
No anexo I publicase a listaxe provisional de posibles candidatos/as aos premios, con indicación do campo cneai asignado e da posesión, ou non, dalgunha mención
As persoas que defenderon a súa tese no período que vai entre o 1 de setembro de 2025 ata o 31 de xullo de 2026 e que acadaran a cualificación de Sobresaínte Cum Laude, senón aparecen
nesta listaxe ou si detectan algún erro nos datos publicados, poden presentar unha alegación.
A partir do día seguinte a súa publicación, ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións a esa listaxe, a través da instancia xenérica da sede electrónica da Universidade de
Vigo, https://sede.uvigo.gal. Transcorrido ese prazo, o listado terá carácter definitivo. O prazo para presentar alegacións, remata o 11 de setembro de 2026
Podese consultar esta información na seguinte ligazón: Detalles da publicación
Atentamente,
- RR nº premios, posibles persoas candidatas, ámbito e campo cneai [337.78 Kbytes]
- eido@uvigo.gal
- +34 986 813 442