Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo 2026

Unidade de Igualdade

02-09-2026 ata: 05-11-2026

Hoxe publicouse a convocatoria de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo 2026.

As propostas deberán centrarse no estudo, desde unha perspectiva xeral, de temas
e enfoques epistemolóxicos e metodolóxicos feministas sobre a cultura e a
sociedade dixital. A persoa que exerza de IP deberá ter vinculación coa UVigo e destino nalgún dos campus da provincia de Pontevedra. 

Pódense consultar as bases completas na resolución da convocatoria.