Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Convite a participar na iniciativa Homes de coidado 2026
Unidade de Igualdade
02-09-2026 ata: 13-09-2026Desde a Unidade de Igualdade continuamos impulsando accións para promover os coidados en todos os ámbitos da vida universitaria e fomentar a corresponsabilidade masculina.
Nesta ocasión, convidámosvos a participar nunha iniciativa que busca abrir espazos de reflexión e diálogo sobre o papel dos homes nos coidados desde o contexto universitario. Para iso, gravaremos unha serie de catro pódcast ao longo dos meses de setembro e outubro, nos que abordaremos esta temática desde unha perspectiva crítica e plural.
Co fin de recoller experiencias e puntos de vista diversos, organizaremos grupos de conversa con homes pertencentes aos distintos colectivos da UVigo: PDI, PTXAS, estudantado e egresados. Gustaríanos contar con participantes de diferentes idades, traxectorias e perfís, procedentes de calquera dos campus, titulacións ou servizos da UVigo.
Se che interesa participar, accede á seguinte ligazón e completa o formulario de inscrición. Os datos recollidos utilizaranse exclusivamente para a organización e xestión dos grupos.
Ademais, se coñeces algún home da comunidade universitaria que poida estar interesado en formar parte desta actividade, agradecerémosche que compartas con el esta información.
Unha vez recompiladas as inscricións ao inicio do curso, poñerémonos en contacto coas persoas interesadas para facilitar máis detalles sobre a actividade e coordinar a súa participación.
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419