Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

JoVE & UVIGO: Como crear clases atractivas usando vídeos? (sesión en liña o 22 de setembro)

Biblioteca

02-09-2026 ata: 23-09-2026

O martes 22 de setembro terá lugar a sesión formativa “Como crear clases atractivas usando vídeos”, para tirarlle o máximo proveito á plataforma JoVE

JoVE (Journal of Visualized Experiments) é unha plataforma con máis de 30.000 vídeos científicos para a docencia e a investigación en ciencias básicas e aplicadas, ciencias da saúde, psicoloxía, enxeñaría, matemáticas... á que a Universidade de Vigo ten acceso por mor dunha subscrición xestionada pola Biblioteca Universitaria. Este curso JoVE incorpora como novidade unha colección de vídeos sobre Psicoloxía do Desenvolvemento que podedes ver aquí

Esta sesión, organizada por JoVE, está dirixida ao persoal docente da Universidade de Vigo que queira utilizar os vídeos de JoVE no seu traballo docente:

Data: martes, 22 de setembro
Hora: De 11:00 a 12:00 h.
Plataforma: Zoom
 
Contido:
      •  Onde atopar os vídeos que nos interesan en JoVE.
      •  Como compartir os vídeos na aula virtual (Moodle) para que os estudantes accedan facilmente desde calquera lugar.
      •  Como pedir listas de reprodución relacionadas coas nosas materias para facilitarnos a busca.
 
Inscricióncoa conta de correo institucional na seguinte ligazón: JoVE & UVigo: ¿Cómo Crear Clases Atractivas Usando Vídeos? 
 
Despois de ter feito o rexistro recibiredes a ligazón para unirvos á formación. A sesión será gravada, polo que, se non podedes acudir, animámosvos a rexistrarvos para poder ver a gravación máis adiante. As persoas que participen poderán solicitar un certificado de asistencia escribindo a sonia.paz@jove.com.

Máis información sobre JoVE: Biblioguía JoVE, elaborada pola biblioteca.

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo