Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convite a participar na iniciativa Homes de coidado 2026

Unidade de Igualdade

29-07-2026 ata: 07-09-2026

Desde a Unidade de Igualdade continuamos traballando na promoción dos coidados en todos os ámbitos da vida universitaria e no impulso da corresponsabilidade masculina

Nesta ocasión, abordaremos esta temática a través dun formato diferente: a gravación dunha serie de pódcast para promover unha reflexión críticca sobre o papel dos homes nos coidados desde o ámbito universitario. As sesións terán lugar durante os meses de setembro e outubro. Procuraremos adaptar as datas, horarios e localizacións para facilitar ao máximo a participación.
Para levalo a cabo imos organizar grupos de conversa con homes dos distintos colectivos da UVigo: PDI, PTXAS, estudantado e egresados. Buscamos contar con participantes de diferentes idades e perfís, procedentes de calquera dos campus, titulación ou servizo. 
Para participar, accede á seguinte ligazón e completa o formulario de inscrición. Os datos só se empregarán para a xestión dos grupos. 
Se coñeces algún home da comunidade universitaria que poida estar interesado, agradecerémosche que compartas con el esta información.
Unha vez recompilados os datos das persoas interesadas a inicios de curso, porémonos en contacto cos interesados para facilitar máis información e coordinar a participación.