Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria vén de actualizar a biblioguía Sexenios CNEAI para engadir dous apartados importantes para as persoas que preparan a solicitude de sexenios de investigación da Aneca:
- Selección das publicacións: neste apartado, explicamos como utilizar o Portal da Investigación da Universidade de Vigo para seleccionar as publicacións máis axeitadas para presentar como achegas na solicitude de sexenios de investigación.
- Bibliometría narrativa: incluímos instrucións para utilizar a ferramenta NotebookLM como apoio na redacción dos indicios de calidade das publicacións.
Estes novos apartados engádense á biblioguía, que xa contiña as novidades das últimas convocatorias, os criterios e baremos de avaliación, posibles métricas e fontes de información para recompilar indicios de calidade das publicacións e preguntas frecuentes sobre os sexenios de investigación.
Para máis información, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Área de Servizos Bibliométricos
Teléfono: (+34) 986 13 02 36
Correo-e: bibliometria@uvigo.gal