Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recoñecemento médico para o persoal do Edificio CC Experimentais
Prevención de riscos laborais
07-09-2026 ata: 10-09-2026Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do Edificio de Ciencias Experimentais:
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Química
A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).
TODO O QUE NECESITA SABER PARA SOLICITAR A SÚA CITA
- Prazo para solicitar cita: do 07/09/2026 ao 10/09/2026
- Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)
- Guía da web para solicitar a cita.
- Cita: páxina web de CUALTIS (Vitaly).
- Instrucións previas á súa cita.
- Bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do seu centro
- NOTA: Tendo en conta a dificultade para elexir o posto no depregable da plataforma de CUALTIS (Vitaly) é recomendable que consulte con anterioridade o código do seu posto no seguinte enlace "Postos Edificio CC Experimentais"
Finalizado o prazo de solicitude de cita para analítica na web de CUALTIS (Vitaly), se desexa solicitar, cambiar ou anular a súa cita, ou para a cita do recoñecemento médico concertada posteriormente con enfermería, deberá enviar un correo electrónico cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono do SPRL 986 814 088.
Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice todas as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.