Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
ASOCIACIÓNS - Proceso de inclusión no censo público da Universidade de Vigo
Información xeral
28-07-2026Asociacións estudiantís: Inclusión no censo da UVigo.
Lembramos que o proceso para a inclusión de asociacións estudantís, de nova creación, da Universidade de Vigo no censo público desta universidade está aberto durante todo o ano.
Todo o estudantado ten dereito a asociarse libremente dentro da comunidade universitaria para velar polo cumprimento dos seus dereitos e deberes, potenciar a participación en todos os ámbitos e contribuír aos fins da universidade.
Poderá promover asociacións o estudantado da Universidade de Vigo, que se atope en pleno uso dos seus dereitos académicos e que libremente acorde servir os fins enunciados nos seus propios estatutos.
Máis información:
Mail: extension@uvigo.gal
Teléfono: 986 813 626
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626