Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
"Proxectos de Voluntariado na Universidade de Vigo en colaboración con entidades sociais"
Queres contribuír a construír unha sociedade máis xusta, solidaria e sostible? O voluntariado na UVigo ofréceche a oportunidade de aprender, axudar e crecer persoalmente mentres colaboras a mellorar a sociedade, protexer o medio ambiente e apoiar a quen máis o precisa.
Este é o teu momento: faite voluntario/a na Universidade de Vigo!
Hai mil formas de colaborar:
Coidando o medio ambiente
Promovendo a cultura e a educación
Axudando a persoas e colectivos
Participando en proxectos sociosanitarios
Organizando actividades de lecer e tempo libre
Que che aportará?
Gañas experiencia
Coñeces xente incrible
Melloras a túa contorna
Fortaleces a túa autoestima
E incluso podes obter créditos!
Máis información: voluntariado@uvigo.gal
Teléfono: 986 813 626
A túa axuda pode cambiar moito máis do que imaxinas
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626