Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA AS ACTIVIDADES DOS GID 2026
Bolsas e axudas
22-07-2026 ata: 15-09-2026A Área de Formación e Innovación Educativa ten como funcións principais a formación do profesorado da Universidade de Vigo en competencias docentes universitarias e a promoción da innovación educativa para mellorar a aprendizaxe do alumnado. A innovación educativa xestiónase principalmente a través dos Grupos de Innovación Docente (GID) e esta convocatoria busca apoiar aos GID a divulgar o seu traballo.