Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria constituínte e ordinaria do Consello de Goberno 23/07/26

Consello de Goberno

17-07-2026

Comunícase que por orde da reitora convocáronse dúas reunións, unha constituínte e outra ordinaria, do Consello de Goberno para o vindeiro xoves 23 de xullo:

  • Sesión extraordinaria constituínte: ás 10:00 h., en primeira convocatoria, e ás 10:30 h., en segunda.
  • Sesión ordinaria: ás 10:45 h., en primeira convocatoria, e ás 11:15 h., en segunda.

No documento que se achega pódese acceder ás correpondentes ordes do día, así como ao modelo de candidatura que poden presentar os membros da comunidade universitaria do correspondente sector (punto 9).