Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria extraordinaria Claustro Universitario 13/07/2026

Claustro

07-07-2026

Comunícase que por orde da reitora foi convocada unha sesión extraordinaria do Claustro Universitario, a cal se celebrará o luns 13 de xullo.

No documento que se achega pódese consultar a orde do día, así como os modelos de candidaturas para formar parte dos órganos colexiados nos que non é requisito para a persoa candidata a súa pertenza ao Claustro Universitario: 

  • Consello de Goberno (persoas que desempeñen a dirección dos centros, das unidades docentes ou I+D+i)
  • Comisión de Reclamacións
  • Comisión asesora da Valedoría Universitaria