Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Os días 14 e 15 de xullo de 2026 terán lugar as primeiras sesións do II Ciclo de Formación en liña 2026 da base de datos Web of Science (WoS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, impartidas en español e de 60 minutos de duración, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.
Martes, 14 de xullo, 13:00-14:00h. Maximizando o impacto da túa investigación con ORCID – Nivel básico. Inscrición
Sesión especial presentada por Paloma Marín-Arraiza (Associate Director of Engagement en ORCID).
- Entender o rexistro de ORCID en profundidade
- Coñecer o valor dos trust markers (marcadore de confianza)
- Familiarizarse con ferramentas automatizadas como a conexión con Clarivate
Mércores, 15 de xuño, 13:00-14:00h. Edición de 2026 del Journal Citation Reports – Nivel avanzado. Inscrición
- Resumo da evolución nos últimos anos
- Novidades da edición de 2026
- Preguntas frecuentes sobre o control de calidade das revistas
Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2026-jornadas-de-julio-2026
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo