Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
RR listaxes provisorias solicitudes admitidas e excluidas. PDI Erasmus KA131. 2026-27-1º cuadrimestre
Bolsas e axudas
30-06-2026 ata: 31-07-2027Con data de 30 de xuño de 2026 publicáronse as listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluidas a trámite da convocatoria Erasmus+ KA131 destinada ao PDI para realizar estadías en universidades estranxeiras no 1º cuadrimestre do curso 2026-27.
A resolución e as listaxes pódense consultar no taboleiro de anuncios e no portal de bolsas da UVigo.
As persoas interesadas poderán emendar os erros e a falta de documentación no prazo de 10 días hábiles, que comezarán a contar ao día seguinte da publicación desta resolución. Estas alegacións deberán presentarse na sede electrónica da Universidade de Vigo mediante unha instancia xenérica (SXER - Instancia xenérica PAS/PDI) dirixida á Oficina de Relacións Internacionais (ORI).