Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nomeamento Reitora da Universidade de Vigo, vicerreitorías e Secretaría Xeral

Información xeral

26-06-2026
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do xoves 25 de xuño de 2026 publícase o Decreto 66/2026, do 22 de xuño, polo que se nomea a María Carmen García Mateo como reitora magnífica da Universidade de Vigo, con efectos económicos e administrativos desde o propio 25 de xuño de 2026.
 
Na mesma data (con efectos económicos e administrativos), a Reitora procedeu ao nomeamento do seu equipo de goberno, integrado polas seguintes persoas:
 

Xosé Henrique. Vázquez Vicente, Vicerreitor de Estratexia, Gobernanza e Economía

Esther María Pillado González, Vicerreitora de Oferta Académica

Rebeca Pilar Díaz Redondo, Vicerreitora de Persoal Docente e Investigador

Manuel Martínez Piñeiro, Vicerreitor de Investigación

Rafael Comesaña Piñeiro, Vicerreitor de Transferencia, Innovación e Impacto Social

Luis Xabier Martínez Rolán, Vicerreitor de Docencia e Transformación Educativa* 

María Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria

David Álvarez González, Vicerreitor de Infraestructuras, Enerxía e Mobilidade

María Montserrat Cruz González, Vicerreitora do Campus de Ourense

María de los Ángeles Fernández Villarino, Vicerreitora do Campus de Pontevedra

Emma Rodriguez Rodríguez, Secretaria Xeral

* Cómpre sinalar que se detectou un erro na denominación inicial da vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, que foi debidamente corrixido, sendo esta a denominación correcta do cargo.