Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
As publicacións científicas da Universidade de Vigo: informe 2024
Biblioteca
27-06-2026 ata: 31-12-2026A Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca retoma a publicación dos informes anuais sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo.
Hoxe publicamos na biblioguía Informes bibliométricos os datos sobre as publicacións científicas da Universidade de Vigo do ano 2024, segundo os datos recollidos en Web of Science (WoS) e Scopus.
Algúns datos destacados:
- WoS recolle 1782 documentos de 2024 asinados por persoas vinculadas á Universidade de Vigo.
- Deses documentos, o 76% foron publicados en revistas en acceso aberto ou híbridas ou depositados en repositorios institucionais, cumprindo así co compromiso do acceso aberto.
- O 89% (1584) deses documentos foron publicados en revistas con factor de impacto; o 54% deles (849) en revistas situadas no primeiro cuartil (Q1) dalgunha das categorías de WoS.
- O 54% dos documentos asinados por membros da Universidade de Vigo en 2024, indexados en WoS, foron publicados xunto a persoas que traballan en institucións doutros países (colaboración internacional).
Para coñecer o informe completo, visita a nosa biblioguía, onde atoparas tamén informes de anos anteriores, informes temáticos, informes sobre as publicacións en acceso aberto e outros informes.
Para calquera comentario ou consulta, por favor, contacta con:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Área de Servizos Bibliométricos
Teléfono: (+34) 986 13 02 36
Correo-e: bibliometria@uvigo.gal