Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
PTXAS : Convocatoria de ampliación de listas de agarda - axudantes de arquivos, bibliotecas e museos
Información xeral
22-06-2026Bo día:
Hoxe publícase, no taboleiro de anuncios da sede electrónica, a Resolución do 22 de xuño de 2026 pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a ampliación da lista de agarda da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, subescala de bibliotecas, subgrupo A2.
Prazo de subsanacións: do 23 ao 29 de xuño de 2026.
- consultapas@uvigo.gal
- +34 986 813 762