Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Voluntariado: Información para participar evento voluntariado Xunta de Galicia
Información voluntariado
19-06-2026Difusión da mensaxe de programa voluntariado de ORATGE ASSOCIACIÓ a través da Xunta de Galicia:
Voluntariado xuvenil “Trencant Barreres”, que se celebrará este verán en Vallvidrera (Barcelona), do 1 ao 15 de agosto.
"Trátase dun campo dirixido a mozas e mozos de 18 a 24 anos, no que convivimos durante dúas semanas desenvolvendo actividades de lecer inclusivo e acompañamento xunto a nenos, mozos e persoas adultas con discapacidade. É unha experiencia moi vivencial, de convivencia e aprendizaxe, que adoita ser especialmente significativa para quen participan.
A inscrición realízase a través do programa de Campos de Voluntariado Xuvenil da comunidade autónoma:
https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran/campos-de-voluntariado-noutras-ccaa-repesca"
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626