Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Colaboración en investigación sobre mulleres e videoxogos
Unidade de Igualdade
18-06-2026 ata: 30-06-2026Compartimos unha iniciativa de interese promovida por PeriFéricas, Escola de Feminismos Alternativos, e o Instituto das Mulleres, que están a desenvolver unha investigación pioneira en España sobre a situación das mulleres no ámbito dos videoxogos.
O estudo está dirixido a mozas de entre 18 e 30 anos residentes en España e ten como obxectivo analizar as discriminacións que aínda persisten neste sector, co fin de contribuír á mellora das accións e políticas públicas nesta materia.
A participación realízase a través dunha enquisa anónima e o prazo para cubrila remata o vindeiro 30 de xuño.
Agradecemos a vosa colaboración difundindo esta información entre as persoas que poidan encaixar no perfil destinatario.
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419