Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Biblioteca da Universidade de Vigo elabora e mantén biblioguías para axudar a comunidade universitaria a moverse no mundo da información. Ofrecemos guías temáticas, guías de apoio á investigación, guías de apoio á aprendizaxe e á docencia, guías de recursos e guías de servizos.
Hoxe publicamos unha nova biblioguía dedicada ao xestor bibliográfico Zotero.
Zotero é un xestor bibliográfico que permite gardar, organizar e xestionar referencias bibliográficas para inserir citas no texto e xerar bibliografías de forma automática en diferentes estilos de citación. Trátase dun programa gratuíto, de código aberto e que funciona en diferentes plataformas (Linux, Windows e Mac).
Con esta biblioguía, aprenderás a manexar esta ferramenta, engadir e organizar as referencias bibliográficas e crear con ela citas e bibliografías.
Máis información:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo