Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Antídoto para traballos con Ácido Fluorhídrico

Prevención de riscos laborais

16-06-2026 ata: 19-06-2026

Aviso dirixido a responsables de laboratorios que utilicen Ácido Fluorhídrico.

Dada a perigosidade desta solución química, é necesario dispor dun antídoto que actúe sobre os ións Fluoruros F- minimizando o risco de secuelas graves.

No caso de laboratorios que xa dispoñan do xel, pola súa caducidade este debe substituírse por un novo.

Os laboratorios interesados no antídoto, (xel de Gluconato Cálcico), deberán enviar un correo electrónico a sprl.administracion@uvigo.es antes do 19/06/2026.

No correo electrónico indicar o nome do laboratorio, campus, centro, localización, nome do responsable, enderezo electrónico e teléfono.