Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de bolsas Erasmus+ KA131 destinadas ao estudantado de doutoramento. Curso 2026-27

Bolsas e axudas

12-06-2026 ata: 31-07-2027

Por resolución reitoral de 11 de xuño de 2026 publicouse a convocatoria de bolsas Erasmus+ KA131 destinadas ao estudantado de doutoramento que desexe realizar unha mobilidade internacional no curso 2026-27.

Establécense dous prazos de solicitudes:
1º prazo: desde hoxe ata o 30 de xuño para mobilidades que se iniciarán en 2026. 
2º prazo: do 1 ao 30 de setembro para mobilidades que se realizarán do 11 de xaneiro ao 9 de xullo de 2027.

A convocatoria con toda a información e os anexos pódense consultar no portal de bolsas.

Saúdos,