Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN OURENSE 12/VI/2026

Información cultural

12-06-2026 ata: 12-06-2026

A Orquestra da Universidade de Vigo, fará a súa presentación oficial en Ourense, o vindeiro venres 12 de xuño ás 21:00 horas no Teatro Principal de Ourense.

A orquestra,  creada a inicios deste curso académico a iniciativa da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, está formada por unha trintena de integrantes, a maior parte estudantes e ex estudantes e tamén algún representante do PDI, procedentes maioritariamente do campus de Vigo, aínda que tamén con presenza dos campus de Ourense e Pontevedra.

O programa que interpretará no seu debut, estará integrado pola obertura de L'isola disabitata e o Concerto para piano e orquestra nº 11 en Re maior de Franz Joseph Haydn; Danzas populares romanesas de Béla Bartók; a Sinfonía nº 30 en Re maior de Wolfgang Amadeus Mozart e a obertura de Il Signar Bruschino de Gioachino Rossini.

Dirixe a orquestra Raquel Carrera Álvarez.

CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN OURENSE

          12 de xuño de 2026, ás 21:00 horas

          Teatro Principal (rúa da Paz,  num. 9. Ourense)

Entrada de balde. Recollida de invitacións:

          - na taquilla do teatro desde 1 hora antes do concerto.

          - na oficina de actividades culturais do Campus de Ourense ata as 12:00 horas do día do concerto.

Máis inf:  https://www.uvigo.gal/campus/cultura/musica/orquestra-universitaria 

Grazas por compartir.

Acompañádenos a gozar coa música da nosa orquestra!