Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso 2026-2027 - Programas English Friendly, Português Amigável, Français Amical e Italiano Amichevole
Internacionalización
09-06-2026 ata: 31-07-2026Prezadas e prezados membros do PDI:
Dende a Vicerreitoría de Internacionalización queremos informarvos da publicación da Instrución sobre o procedemento simplificado para a inclusión de materias de grao e mestrado nos programas English Friendly, Português Amigável, Français Amical e Italiano Amichevole para o curso 2026-2027.
O obxectivo deste programa é favorecer a internacionalización en casa da nosa oferta docente, facilitando a participación de estudantes internacionais nas nosas aulas e visibilizando o compromiso da UVigo cun contorno académico multilingüe e aberto.
Cómpre salientar que estas modalidades non son excluíntes entre si; unha mesma materia pode ofertarse como friendly en varias linguas simultaneamente.
Lembrámosvos que:
- A participación neste programa suporá un criterio de desempate nas convocatorias de mobilidade Erasmus para PDI.
- Poderase incorporar como mérito no programa DOCENTIA.
Para calquera dúbida ou consulta adicional, podedes contactar no correo electrónico: internacional@uvigo.gal.
Animámosvos a participar e a contribuír a facer da UVigo unha universidade aínda máis aberta ao mundo (vídeo).
Un cordial saúdo,
- Guía docente en italiano [225.6 Kbytes]
- Guía docente en francés [190.59 Kbytes]
- Guía docente en portugués [249.08 Kbytes]
- Instrución programas Friendly, curso 2026-2027 [203.76 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587