Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Exposición Universo Quixotas na Biblioteca Central, campus Lagoas, Marcosende
Biblioteca
06-06-2026 ata: 31-08-2026Xa podedes visitar na Biblioteca Central do Campus de Vigo a exposición "Universo Quixotas", unha viaxe fascinante polas múltiples versións femininas do mito de don Quixote.
A mostra, organizada por José Montero Reguera e Alba Martínez Fernández e financiada polo grupo de investigación ‘Ediciones y estudios de literatura española’ da Universidade de Vigo, reúne personaxes como Ana Ozores, Emma Bovary, Isidora Rufete, Pamela, Juliette, Tula, Leocadia, Isidora, Tristana ou Dorcasinda, que viviron entre os libros e a realidade, soñando, imaxinando e desafiando as normas do seu tempo.
Unha oportunidade para descubrir grandes figuras da literatura dos tres últimos séculos e reflexionar sobre a igualdade, os estereotipos e as novas formas de interpretar os clásicos.
A exposición está acompañada dunha selección bibliográfica na que atoparedes estas e outras “Quixotas”, ademais de estudos relacionados coa mostra.
Agardámosvos!
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo