Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN VIGO 06/VI/2026

Información cultural

06-06-2026 ata: 06-06-2026

A Orquestra da Universidade de Vigo, fará a súa presentación oficial o vindeiro sábado 6 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A orquestra,  creada a inicios deste curso académico a iniciativa da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, está formada por unha trintena de integrantes, a maior parte estudantes e ex estudantes e tamén algún representante do PDI, procedentes maioritariamente do campus de Vigo, aínda que tamén con presenza dos campus de Ourense e Pontevedra.

O programa que interpétarán no seu debut,estará integrado pola obertura de L'isola disabitata e o Concerto para piano e orquestra nº 11 en Re maior de Franz Joseph Haydn, con Nicasio Gradaille ao piano; Danzas populares romanesas de Béla Bartók; a Sinfonía nº 30 en Re maior de Wolfgang Amadeus Mozart e a obertura de Il Signar Bruschino de Gioachino Rossini.

Dirixe a orquestra Raquel Carrera Álvarez con Nicasio Gradaille como piano solista na primeira parte do concerto

CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN VIGO

          6 de xuño de 2026, ás 20:30 horas

          Auditorio Martin Códax do CMUS de Vigo (R. Manuel Olivié, 23. Vigo)

          Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis inf:  https://www.uvigo.gal/campus/cultura/musica/orquestra-universitaria 

Nova do DUVI: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/orquestra-uvigo-debutara-vindeiro-sabado-interpretando-obras-haydn-bartok-mozart-rossini 

Acompañádenos a gozar coa música da nosa orquestra!