Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Wiley: acadado o límite de APC oara revistas FullOA 2026

Biblioteca

29-05-2026 ata: 31-12-2026

Desde a Biblioteca da Universidade de Vigo informamos á comunidade investigadora de que xa se consumiron as 2 APC dispoñibles de Wiley para revistas Full OA para o ano 2026.

Con todo, na plataforma de publicación de Wiley pode seguir aparecendo temporalmente a Universidade de Vigo como opción dispoñible no despregable de financiamento, mentres a editorial non complete a súa desactivación. Por este motivo, rogámoslles que non escollan esta opción de financiamento, aínda que continúe aparecendo dispoñible.

Así mesmo, lembrámoslles a importancia de comprobar se a revista na que desexan publicar é unha revista Full OA (sen APC) ou unha revista híbrida cuberta polos acordos transformativos, xa que para estas últimas aínda hai APC dispoñibles neste momento.

Biblioteca Central Campus Vigo
Teléfono: (+34) 986 813 851
accesoabertoacordos@uvigo.gal