Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

OPI_área educativa_Convocatoria Axenda 2030

Información ao PDI

25-05-2026 ata: 25-05-2028

Prezado PDI:

Informámoslle desde a Oficina de Proxectos Internacionais- Área de educación da publicación da nova Convocatoria 2026 de subvencións para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible en España.

convocatoria completa pode consultarse na web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030: https://www.dsca.gob.es/es/agenda-2030/subvenciones-premios-agenda-2030 (extracto BOE 20 de maio de 2026:https://www.boe.es/boe/dias/2026/05/20/pdfs/BOE-B-2026-16360.pdf)

Obxecto: convocar para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para proxectos e iniciativas que teñan por finalidade o fomento e aliñamento de políticas públicas, así como a realización de actividades para o fortalecemento e implantación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

As axudas destinaranse a subvencionar proxectos e iniciativas relacionados con:
a) Actuacións/actividades que promovan accións de impacto político e social para promover políticas públicas e planificación estratéxica aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e a Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030.
b) Actuacións que promovan a xeración e posta en marcha de proxectos piloto e boas prácticas que favorezan o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, así como das prioridades de actuación da Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030.
c) Proxectos no marco da innovación social e da I+D+i que propoñan novas metodoloxías, escenarios e enfoques para avanzar na implantación da Axenda 2030 e que teñan como eixo principal a investigación e o coñecemento.
d) Proxectos e actividades que promovan o traballo en rede e a xeración de alianzas multiactor inclusivas, en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17, baseados nunha visión centrada nas persoas e no planeta e que teñan como obxectivo fortalecer e acelerar a aplicación da Axenda 2030.
e) Iniciativas de comunicación e desenvolvemento de campañas transformadoras que xeren conciencia e compromiso entre a sociedade en xeral, promovendo a Axenda 2030.

As universidades figuran entre as entidades elixibles e contan cun crédito específico reservado de ata 1.000.000 euros. Esta contía total máxima destinarase a proxectos cunha contía solicitada igual ou superior a 25.000 euros, e inferior ou igual a 300.000 euros. O prazo máximo para executar cada proxecto será dun ano desde o día seguinte ao da publicación da Resolución de Concesión na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Dado que cada universidade poderá presentar unha única proposta, establécese un proceso interno de preselección na Universidade de Vigo.

Tendo en conta que o prazo de peche de presentación de solicitudes fixado pola AECID é o 22 de xuño de 2026, e para poder realizar unha selección preliminar na UVigo, o PDI interesado nesta convocatoria deberá manifestar de forma expresa o seu interese en concorrer á mencionada convocatoria antes das 14.00h do día 01 de xuño de 2026, enviando ao correo electrónico da Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Proxectos Internacionais de Educación: opi.edu1@uvigo.es a seguinte información:

O proceso de selección será realizado pola Comisión de Investigación da UVigo tendo en conta os criterios de avaliación establecidos nas bases reguladoras da convocatoria Criterios de valoración das solicitudes (artigo 6 da Orde DSA/921/2021 de 1 de setembro).

Seleccionada a proposta que a UVigo presentaría a esta convocatoria da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, informaremos ao PDI coordinador do proxecto seleccionado para que continúe coa elaboración da súa proposta co apoio do persoal da Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI.

Quedamos a súa disposición para calquera dúbida.

Un saúdo moi cordial,
Eva Garea Oya

Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación
Oficina de Proxectos Internacionais
Universidade de Vigo