Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesión en liña sobre datos de investigación en Web of Science (27 de maio)
Biblioteca
23-05-2026 ata: 28-05-2026O día 27 de maio terá lugar o webinar: ¿Por qué los datos de investigación estructurados importan? Construir búsquedas, descubrimientos y análisis fiables, organizado por Clarivate e impartido por Gabriela Balladares. O webinar é gratuíto, e para rexistrarse é imprescindible facelo coa conta de correo institucional.
Data e hora: mércores 27 de maio ás 14:00 h.
Descrición: A sesión analizará como a organización e categorización correcta dos datos académicos inflúe na calidade das buscas, análises e avaliacións científicas. Tamén explicará os riscos de traballar con datos incompletos ou mal estruturados, que poden provocar análises e comparacións erróneas, e presentará métodos para mellorar a fiabilidade dos resultados, como a normalización por materias e as métricas temporais. Ademais, abordaranse as implicacións prácticas destes procesos na avaliación da investigación, a planificación estratéxica e o uso responsable de métricas.
Inscrición: https://clarivatesupport.webex.com/weblink/register/rcc0ee9088822878a3a70942fdba4cb00
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo